Skip to Content

Política de privacidade


Ámbito de aplicación: Proxecto para a creación e posta en marcha de novos produtos turísticos en Santiago de Compostela no marco do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), cofinanciado polo Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.

1. Información xeral

Esta política de privacidade regula o tratamento de datos persoais recollidos no marco do Proxecto para a creación e posta en marcha de novos produtos turísticos en Santiago de Compostela, xestionado por INNOTUR CONSULTORÍA E INNOVACIÓN S.L., e ten como obxectivo garantir o respecto aos dereitos fundamentais e ás liberdades públicas das persoas participantes, conforme á normativa vixente en materia de protección de datos.

2. Responsable do tratamento

Denominación social: INNOTUR CONSULTORÍA E INNOVACIÓN S.L. 

CIF: B44591923 

Domicilio social: Calle Alcalá 489 Bajo (28027), Madrid, España 

Correo electrónico de contacto: administracion@innotur.es 

3. Finalidade do tratamento ​

Os datos persoais recollidos serán tratados coas seguintes finalidades:

  • Xestionar a inscrición, participación e seguimento das persoas interesadas no proxecto.
  • Comunicar información operativa, técnica e organizativa sobre as actividades do proxecto.
  • Realizar análises estatísticas, enquisas de valoración e seguimento do impacto.
  • Xustificar a execución do proxecto ante o Concello de Santiago de Compostela.
  • Cumprir coas obrigas legais derivadas do financiamento con fondos públicos.

4. Lexitimación do tratamento

O tratamento dos datos baséase en:

  • O consentimento explícito outorgado pola persoa interesada ao cubrir os formularios físicos ou dixitais de inscrición e asistencia.
  • O interese lexítimo do responsable para a correcta xestión e seguimento dun proxecto financiado con fondos públicos.
  • O cumprimento de obrigas legais en materia de xustificación, transparencia e rendición de contas.

5. Tipoloxía de datos tratados

Os datos que se poderán recoller inclúen:

  • Nome e apelidos
  • Enderezo de correo electrónico
  • Teléfono
  • Entidade ou actividade turística
  • Sinatura (en follas de asistencia ou formularios)
  • Asistencia a actividades
  • Respostas a enquisas ou observacións cualitativas

6. Destinatarios dos datos

Os datos persoais non serán cedidos a terceiros con fins comerciais. 

Unicamente poderán ser comunicados a:

  • Concello de Santiago de Compostela, como entidade responsable da xestión e coordinación do proxecto.
  • Administracións públicas con competencia en materia de financiamento, auditoría ou control do uso de fondos europeos.

7. Conservación dos datos

Os datos persoais conservaranse durante todo o período de execución do proxecto (marzo de 2026 – marzo de 2027) e, posteriormente, durante os prazos esixidos pola normativa de xustificación de fondos públicos e transparencia administrativa.

8. Dereitos das persoas interesadas ​

As persoas interesadas poden exercer os seguintes dereitos:

  • Dereito de acceso aos seus datos persoais
  • Dereito de rectificación de datos inexactos
  • Dereito de supresión dos seus datos (cando legalmente proceda)
  • Dereito á limitación do tratamento
  • Dereito de oposición ao tratamento
  • Dereito á portabilidade dos datos

 

Para exercer estes dereitos, pode enviar unha solicitude escrita a xestionproxectos@compostela.creacionexperiencias.com, indicando no asunto: “Protección de datos – Creación de Experiencias – Santiago de Compostela”, e achegando copia do seu documento de identidade.

9. Medidas de seguridade

INNOTUR CONSULTORÍA E INNOVACIÓN S.L. implementou medidas técnicas e organizativas adecuadas para garantir un nivel de seguridade que evite o acceso non autorizado, a alteración, perda ou destrución dos datos persoais tratados, conforme aos principios do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD).

10. Transferencias internacionais de datos

Non se prevén transferencias internacionais de datos. No caso de seren necesarias, informaríase previamente e garantiríanse as condicións previstas no RXPD.

11. Actualización da política

INNOTUR CONSULTORÍA E INNOVACIÓN S.L. resérvase o dereito de modificar a presente política de privacidade en calquera momento, para adaptala a novidades lexislativas ou a cambios operativos do proxecto. A versión vixente estará sempre dispoñible no sitio web oficial do proxecto.

12. Autoridade de control

Se considera que se vulneraron os seus dereitos en materia de protección de datos, pode presentar unha reclamación ante a:

Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) 

C/ Jorge Juan, 6 – 28001 Madrid 

www.aepd.es ​