Skip to Content

Queremos escoitar a túa voz

O futuro do turismo en Santiago de Compostela constrúese entre todas as persoas que forman parte da cidade. Por iso, dentro do proxecto de creación e posta en marcha de novos produtos e experiencias turísticas, queremos coñecer a visión de quen vive, traballa e visita Santiago.

A través destas enquisas recolleremos opinións, necesidades, propostas e experiencias que nos axudarán a deseñar unha oferta turística máis sustentable, auténtica e equilibrada, capaz de xerar beneficios tanto para quen visita a cidade como para quen a goza cada día.

As respostas obtidas serán unha peza clave para identificar oportunidades de mellora, impulsar novas experiencias turísticas, poñer en valor recursos menos coñecidos e favorecer un desenvolvemento turístico que contribúa a mellorar a calidade de vida da cidadanía e a competitividade do tecido empresarial local. A túa participación axudaranos a construír un modelo turístico máis participativo, innovador e conectado coa identidade de Santiago de Compostela.

Enquisa para a poboación local 

Ninguén coñece Santiago de Compostela mellor ca as persoas que viven nela. Queremos coñecer a túa opinión sobre o turismo, como inflúe no día a día da cidade e que oportunidades cres que existen para seguir mellorando. A túa experiencia e as túas propostas axudaranos a construír un turismo que beneficie tanto a cidadanía como ao destino. 

Fai clic aquí 👉

Enquisa para o tecido empresarial 

As empresas locais son protagonistas do desenvolvemento turístico de Santiago de Compostela. Queremos coñecer a vosa visión sobre a situación actual do destino, as oportunidades de crecemento e as necesidades do sector para deseñar novas experiencias turísticas que xeren valor, fomenten a colaboración e fortalezan a competitividade do tecido empresarial.  

Fai clic aquí 👉

Enquisa para as persoas visitantes

A túa experiencia como visitante é fundamental para seguir mellorando Santiago de Compostela como destino turístico. Queremos coñecer que é o que máis desfrutaches, que aspectos poden mellorar e que tipo de experiencias che gustaría atopar durante a túa visita. As túas respostas axudaranos a crear unha oferta turística máis atractiva, diversa e adaptada ás expectativas de quen nos visita. 

Fai clic aquí 👉